CAMPAÑA DE NAVIDAD 2012

diciembre 4, 2012 por  
Entrada de Comercio y Hostelería, Inicio, Novedades

 

FESTA DA NABIZA E DO QUEIXO DE CURTIS 2012

O 9 de decembro seguindo a tradición homenaxearemos dous produtos típicos do noso Concello: o Queixo de Curtis e o Caldo de Nabiza. Non hai mellor forma de amosar as virtudes e grandiosidades destas delicias que probándoas.

Pero, ese día non só probaremos estes produtos senón que aproveitaremos para visitar a Feira tradicional ó mesmo tempo que terá lugar a V celebración da Xuntanza Moteira Invernal.

Convidámolos a que degusten estes productos na Ruta Gastronómica do Caldo de Nabiza e queixo de Curtis polos locais de Hostalería de Teixeiro e Curtis.

Esperamos que gocen do día e bo proveito!

XIII Festa do Cogomelo

Os días 27 e 28 de outubro celébrase en Teixeiro a XIII festa do Cogomelo.

XIII Festa do cabalo en Teixeiro

O día 5 de agosto celebrase a XIII Festa do cabalo en Teixeiro.

V Concentración moteira “Os Autenticos” de Curtis

V Concentración moteira "Os Autenticos" de Curtis

Os días 10, 11 e 12 de agosto celebrase a V Concentración moteira do motoclub “Os Auténticos” en Curtis.

FESTA DA NABIZA E DO QUEIXO DE CURTIS

 

Un ano máis homenaxeamos a Festa da nabiza e o queixo de Curtis a través da Ruta Gastronómica nos locais de hostalería. Xa nos atopamos aos albores do inverno, coa chegada do frío podemos deleitar o noso padal con dous produtos de incontestable calidade como son os nosos queixos e as nabizas.

Non podemos esquecer como nos recorda Andrés Mariño que coa chegada do ferrocarril a finais do século XIX o crecemento urbano é moi rápido; dando paso a creación dunha feira pública de gando, gran e produtos de primeira necesidade. Dende este momento as nosas feiras irán gañando peso e prestixio

de tal xeito que a venda de queixos supón unha estampa representativa das mesmas. Así tamén o plasmou a nosa Mª Antonia Dans en varias das súas obras onde observamos as mulleres vendendo os queixos. Este produto foi gañando en calidade e prestixio fora do noso municipio que chega ata os nosos días.

Por outra banda, non podemos esquecer tamén as nabizas, verdura adecuada para o noso clima frío e húmido que se adoptou durante séculos ao terreo profundo, fresco e fértil da Galicia interior e profunda; cabe recordar que as nabizas que se empregaban para facer o caldo galego serviu como base da súa dieta durante os meses máis fríos do ano (as nabizas recóllense nos meses de outubro e novembro tal e como recolle Álvaro Cunqueiro na súa obra “La Cocina Gallega”) e nunha época de grandes penurias económicas o caldo de nabiza convertíase nun prato de primeira necesidade na alimentación dos nosos antepasados.

Por todo isto, soamente nos queda invitalos a gocen duns días cargados de alegría e de festividade.

Bo proveito.

 

Descargar tríptico aquí.


Programa de Actos e Ruta do Cogumelo 2011

PROGRAMA DE ACTOS

Sábado 29 de Outubro
10:00 Saída dirixida dende a Casa do Concello ó monte para a recollida de cogumelos (se o número de persoas interesadas é suficiente e as condicións atmosféricas o permiten).

Domingo 30 de Outubro
Exposición de cogomelos de Outono na Praza de España (diante do Concello).

RUTA DO COGUMELO
Os locais de hostelería local participantes na Ruta Gastronómica ofrecerán con cada consumición unha degustación de cogumelo.

Máis información:

Casa do Concello en Teixeiro
Praza de España, 1 – TEIXEIRO
Teléfono: 981 789 003
Fax: 981 789 578

Oficina Municipal de Curtis
Recinto Feiral, s/n – CURTIS
Teléfono: 981 777 105
Fax: 981 777 150

www.concellodecurtis.org
e-mail: info@concellodecurtis.org

TEIXEIRO:

1. AS DELICIAS
Avda. Doctor Martínez Pardo, 58
- Pizzeta con cogumelos.

2. BAR HERCULES
Praza de España, 4
- Cogumelos a prancha.
- Cogumelos con fabas.
- Cogumelos con carne.

3. BAR RAPOSO
Praza de España
- Brochetas de cogumelos con bacon.

4. CAFÉ-BAR ARUME
Praza de España, 15
- Brochetas de cogumelos con bacon.

5. CASTROVERDE
Praza da Estación, 3
- Cogumelos con gambas.
- Cogumelos con orella.
- Cogumelos en salsa.

6. CENTRO DE OCIO INFANTIL ARKAITZ
Avda. Doctor Martínez Pardo
- Cogumelos con bacon e nata.

7. HOTEL- RESTAURANTE CARBALLEIRA
Avda. de Santiago, 1
- Cogumelos ó ajillo.

8. MANDALA
Rúa Ramón Espiñeira, 2 B
- Cogumelos con nata ó alliño.

9. MESÓN A RODA
Rúa Ramón Espiñeira, 8
- Cogumelo con gambas.
- Cogumelo con arroz e bacon.

10. MILLENIUM
Ramón Espiñeira, 24
- Cogumelos con pulpo.

11. O NOSO MESÓN
Rúa Paseo Fluvial, 7
- Cogumelos ó ajillo.
- Revolto gambas con cogumelos.

12. PERLA DO MUIÑO
Avda. de Santiago, 10
- Suspiros da Perla de cogumelo.

13. QUBIK BAR
Avda. Doctor Martínez Pardo
- Brochetas de cogumelos con bacon.

14. VINOTECA – BAR
TEIXEIRO
Avda. Doctor Martínez Pardo, 123
- Tortilla de cogumelos.
- Cogumelos con gambas.

15. VINOS ÁNGEL
Avda. Doctor Martínez Pardo, 53
- Cogumelos con fabas.

CURTIS:

1. ADEXÁN
Avda. Principal, 59
- Cogumelos con xamón.

2. BAR QUINTANILLA
Avda. Principal
- Empanada de cogumelos.

3. CAFETERÍA JULIO COUCEIRO
C/ Emilio Martínez Sánchez, 60
- Cogumelos con tortilla.

4. CAFÉ-BAR ESPAÑOL
Avda. Principal
- Pate de champiñons.

5. CASA PEPETÍN
Rúa Pilar Pena, 9
- Guiso con carne e cogumelos.

6. COPAS
Concepción Arenal, 2
- Revolto de cogumelos con nabiza.

7. RESTAURANTE AGARIMO
Ronda da Coruña
- Cogumelos a prancha.

8. RESTAURANTE EXPRESS
Avda. Principal, 14
- Fabas con cogumelos.

Rebajas de Verano 2011

julio 9, 2011 por  
Entrada de Comercio y Hostelería

Premios do Concurso de Escaparatismo e Hostalería

febrero 23, 2011 por  
Entrada de Comercio y Hostelería

O luns 21 de febreiro o Concello de Curtis, fixo a entrega de premios do concurso de Escaparatismo e Hostalería.

Os  premiados do Concurso de escaparatismo foron:

¨     1º premio (300€): Zapatería Paula Peteiro. Curtis

¨     2º premio (100€): Panadería Estación. Teixeiro

¨     3º premio (100€): Optica Moinelo. Curtis

¨     4º premio (accesit): Panadería Gómez e Hijos. Teixeiro

E os premiados do concurso de Hostalería  foron:

¨     1º premio (300€): Café Bar Español. Curtis. Tapa: Rabo de toro con guarnición.

¨     2º premio (100€): Bar Raposo. Teixeiro. Tapa: Carne en rollo con salsa.

¨     3º premio (100€): Café Bar Castroverde. Teixeiro. Tapa: Chipiróns recheos de Vieira.

¨     4º premio (accesit): Parrillada Agarimo. Curtis. Tapa: Fabada Galega

Concurso de Escaparatismo. Festexa o Nadal.

diciembre 9, 2010 por  
Entrada de Comercio y Hostelería, Eventos y Fiestas

O Comercio muda a súa imaxe de cara o Nadal, ó mesmo tempo que participa no concurso de escaparatismo, organizado polo Concello.

Participan:-

AGRO DA FEIRA

ALIPROX TEIXEIRO

AMELIA

BAZAR XOVE

BEA HOGAR

CARNICERIA CASTRO

CERO GRADOS

CHARCUTERÍA A PRAZA

DROGUERÍA PERFUMERÍA TEIXEIRO

ESTABLECEMENTOS SÁNCHEZ

FLORISTERÍA ANA

FLORISTERÍA ROYMAR

LIBRERÍA ISABEL

LIBRERÍA DIDAC

MERCERÍA ESTRELLA

MILAR-TELSAT

NÚÑEZ MATERIALES DE CONSTRUCCIÓN

O LAR DAS CORTINAS

ÓPTICA MOINELO

PANADERÍA ESTACIÓN

PANADERÍA GÓMEZ E HIJOS

PARDELLAS, S.L.

PERFUMERÍA DA-MAS

RELOXERÍA JUSTO

SEMPRE BELA

SERGRAUTO

XOIERÍA PÉREZ

ZAPATERÍA PAULA PETEIRO

escaparates

Siguiente »