Ruta Gastronómica do Cogumelo do Concello de Curtis 2010

Los locales de hostelería que conforman la “Ruta do Cogumelo 2010″, ofrecerán con cada consumición una degustación de “cogumelos”.

Prueba el sabor de nuestro Otoño.

Ruta Cogumelo Teixeiro

Curtis ruta 2010


XI Festa do Cogumelo – Concello de Curtis 2010

octubre 28, 2010 por  
Entrada de Eventos y Fiestas, Novedades

Vai xa para once anos que tódolos veciños e veciñas, así como os visitantes que se achegan ó noso Concello teñen unha cita no último Domingo de Outubro cunha delicia típica da nosa terra como é o cogumelo.

A humanidade leva miles de anos aproveitando este recurso das nosas fragas tanto como alimento básico en épocas de carestía como para outras actividades como ritos místicos our relixiosos debido ás propiedades tóxicas dalgúns deles.

Actualmente a evolución da cociña incrementou de forma considerable as diferentes maneiras de degustalas aproveitando todas a súas cualidades gastronómicas e potenciando o seu exquisito sabor, xa o mestre D. Álvaro Cunqueiro as loaba na súa escrita: “aseguran que ó claro da lúa báñanse nas augas quedas das pozas. (…) Cando se cociñan, reviven estes claros do outono: é como levar ó padal o outono do bosque”.

Non nos queda máis que convidalos á exaltación do cogumelo das nosas fragas así como a compartir o ambiente nos distintos locais que conforman a Ruta Gastronómica do Cogumelo do Concello de Curtis.

Bo proveito!

PROGRAMA DE ACTOS

30 de outubro

10:00 Saída dirixida dende a Casa do Concello ó monte para a recollida de cogumelos (se o número de persoas interesadas é suficiente e as condicións atmosféricas o permiten).

31 de outubro

12:30 Apertura oficial da XI Festa Gastronómica do Cogumelo.

13:00 Benvida do Alcalde do Concello de Curtis D. Javier Fco. Caínzos Vázquez.

13:15 Lectura do pregón a cargo de D. Ramón Seoane Iglesias (Comisario Insigne da Policia Nacional e Fundador da Policía Autonómica  ademáis de Embaixador do Concello de Curtis).

13:30 Degustación de cogumelos na carpa instalada na Praza de España (diante da Casa do Concello), o prato consistirá nun “Guiso de cogumelos con polo e pasta”.

A partir das  11:30 amenizará a xornada a Charanga “o Recobio”.

Os locais de hostelería que conforman a “Ruta do Cogumelo” ofrecerán coa consumición unha degustación de cogumelos.

Proba o sabor do noso outono !!!