Ruta Gastronómica da Nabiza e do Queixo de Curtis 2010

noviembre 25, 2010 por  
Entrada de Comercio y Hostelería, Eventos y Fiestas

Os locais de hostelería que conforman a “Ruta da nabiza e do queixo de Curtis” ofrecerán coa consumición degustación destes productos.
Saborea a nosa ruta!!!!


Nabiza 2010 Ruta Curtis

Nabiza 2010 Ruta Teixeiro


Festa da Nabiza e do Queixo de Curtis 2010

noviembre 25, 2010 por  
Entrada de Eventos y Fiestas, Novedades

A gran tradición queixeira do Concello de Curtis é de sobra coñecida, mais quéreselle render homenaxe a este producto en forma de festa gastronómica. Faiselle honra conxunta a outro dos alimentos típicos da zona: a nabiza, coa que se elaboran gostosos caldos e cocidos.

Non hai mellor forma de amosar as virtudes e grandiosidades destas delicias que probándoas. Outro dos motivos para achegarse o día 6 de decembro a nosa terra é a celebración da II Xuntanza Moteira Invernal.

Por iso mesmo, convidámolos a que degusten o caldo de naviza e o queixo de Curtis na carpa situada na Avenida Principal e na ruta gastronómica na que colaboran os establecementos da zona. Os participantes da Xuntanza Moteira farán un percorrido pola vila mostrando os seus extraordinarios vehículos.

Esperamos que gocen do día e bo proveito!!!.

Programa de actos
5    de decembro

11.00h Apertura, exposición e venta de productos.
13.00h Lectura do pregón.
13.05h Degustación do caldo de nabiza na carpa situada na Avenida Principal, cata de Queixo de Tetilla de Curtis e comezo da ruta gastronómica.
Percorrido e exhibición de motos da “III Xuntanza moteira invernal”
Pasarrúas a cargo da Charanga.
Os locais de hostelería que conforman a “Ruta da nabiza e do queixo de Curtis” ofrecerán coa consumición degustación destes productos.
Saborea a nosa ruta!!!!

4-5-6 de decembro
FEIRA DE OPORTUNIDADES
na nave do recinto feiral de Curtis.

Mais información:

Casa do Concello en Teixeiro
Praza de España, 1 – TEIXEIRO
Teléfono: 981 789 003
Fax: 981 789 578

Oficina Municipal de Curtis
Recinto Feiral, s/n – CURTIS
Teléfono: 981 777 105
Fax: 981 787 150