Curso de manipulador de alimentos.

febrero 28, 2011 por  
Entrada de Novedades

Dentro del programa de formacion 2011, el día 24 de febrero de 2011, tuvo lugar el Curso de Manipulador de Alimentos, en el Edificio Multiusos, en el cual participaron más de 25 personas do Concello de Curtis.

Entroido 2011

febrero 23, 2011 por  
Entrada de Eventos y Fiestas

Entroido 2011

Martes 8 de marzo

Gran fiesta de disfraces en Curtis e en Teixeiro

Concurso infantil (ata 16 anos)

1º Premio grupo: vale de compra de 100€

1º Premio individual: vale de compra de 50€

2º Premio individual: vale de compra de 50€

3º Premio individual: vale de compra de 50€

Concurso maiores (Individual ou en grupo)

1º Premio: vale de compra de 300€

2º Premio: vale de compra de 200€

3º Premio: vale de compra de 100€

Os vales de compra gastaranse nos comercios e na hostelería do Concello

As 17.00 h no Edificio Multiusos de Curtis

AS 17.00 no Pavillón de Teixeiro.

Concursos de disfraces

Será obrigatorio anotarse con anterioridade para participar no concurso.

Para inscribirse:

Na casa do Concello en Teixeiro. Tel. 981 789 003

ou na Oficina Municipal en Curtis. Tel. 981 777 105

As Bases estarán depositadas nas Dependencias Municipais e en www.concellodecurtis.org

Premios do Concurso de Escaparatismo e Hostalería

febrero 23, 2011 por  
Entrada de Comercio y Hostelería

O luns 21 de febreiro o Concello de Curtis, fixo a entrega de premios do concurso de Escaparatismo e Hostalería.

Os  premiados do Concurso de escaparatismo foron:

¨     1º premio (300€): Zapatería Paula Peteiro. Curtis

¨     2º premio (100€): Panadería Estación. Teixeiro

¨     3º premio (100€): Optica Moinelo. Curtis

¨     4º premio (accesit): Panadería Gómez e Hijos. Teixeiro

E os premiados do concurso de Hostalería  foron:

¨     1º premio (300€): Café Bar Español. Curtis. Tapa: Rabo de toro con guarnición.

¨     2º premio (100€): Bar Raposo. Teixeiro. Tapa: Carne en rollo con salsa.

¨     3º premio (100€): Café Bar Castroverde. Teixeiro. Tapa: Chipiróns recheos de Vieira.

¨     4º premio (accesit): Parrillada Agarimo. Curtis. Tapa: Fabada Galega

I Xornadas de Internet no Comercio e Hostalería Local.

febrero 18, 2011 por  
Entrada de Eventos y Fiestas

Utilización e aproveitamento da páxina comercial de comercute.com:

  • Utilización correo electrónico
  • Cambiar ofertas, rebaixas, descontos,…
  • Como subir imáxenes, fotografías,…
  • Con exemplos prácticos e reais.

CURTIS

  • 1 de marzo ás 21.00h no local de hostalería Café Bar Español
  • 10 – 15 e 22 de marzo ás 21.00h na aula de informática do         Ed. Multiusos

TEIXEIRO

  • 3 de marzo ás 21.00h en el local de hostalería Bar Arume
  • 11 – 17 e 24 de marzo a las 21:00 h na aula de informática do     Ed. Usos Múltiples

PRAZO DE INSCRICIÓN: Ata o 16 de febreiro

MÁIS INFORMACIÓN:

  • Casa do Concello en Teixeiro. Tel. 981 789 003 Ext.36
  • Oficina Municipal en Curtis. Tel. 981 777 105

Gala do Comercio e da Hostalería do Concello de Curtis.

febrero 14, 2011 por  
Entrada de Eventos y Fiestas

Un ano máis teño o pracer de convidalo/ a á Gala do Comercio e da Hostalería que se vai celebrar o vindeiro día 21de febreiro. Esperamos poder aproveitar esta xuntaza para poder intercambiar pareceres sobre a realidade socio económica á que se ten que afrontar o comercio e a hostalería do noso concello.  Cun espírito renovado esperamos poder impulsar novos proxectos e iniciativas que vaian dirixidos a evolución e promoción do seu establecemento.

O Concello de Curtis está plenamente convencido que o futuro económico do noso Concello pasa polo comercio e a hostalería local. O noso compromiso ven avalado por toda unha serie de actividades que se desenrolan ao longo do ano mediante  o desenvolvemento de campañas puntuais como a Campaña de Nadal, e por outra banda, o estudo de mercado, curso de formación e manexo da páxina de www.comercute.com (Anexo I), curso de manipulador de alimentos, curso de escaparatismo…

O noso interese non é outro que o de atraer aos/ as veciños/ as da nosa comarca natural da montaña, das áreas metropolitanas de A Coruña, Santiago, Lugo, etc, e dar a coñecer a riqueza da nosa tradición gastronómica (coa Festa do Cogumelo, do caldo de nabiza e do queixo de tetilla); por outro lado, tamén debemos reseñar as nosas festas temáticas (coa Festa do Cabalo e coa Concentración moteira  e as feiras tradicionais como principais referentes). A publicidade a través dos medios de comunicación convencionais, así como das novas ferramentas que nos oferta Internet representa un pilar moi importante, pero non nos esquezamos da importancia capital do traballo en equipo do Concello, do Comercio e da Hostalería para facer unha campaña á vosa medida.

Por outra parte, nesta Gala faremos entrega dos premios do  V Concurso Gastronómico e do V Concurso de Escaparatismo do Concello de Curtis que tiveron lugar o pasado mes de decembro. Á entrega de premios deben asitir todos os participantes ou designar un representante que o recolla, posto que de non atoparse na sala o titular ou un represetante que recolla o premio, este quedará deserto.

A Gala celebrarase no salón de actos do edificio Multiusos de Curtis sito no Recinto Feiral, s/n, Curtis. O programa de actos que temos previsto é o seguinte:

¨       21:30h: Apertura da gala a cargo do Alcalde

¨       21.40h:Entrega de premios do V Concurso Gastronómico e do V Concurso de Escaparatismo do Concello de Curtis

¨       22:00h: Presentación da campaña de promoción económica 2011 do comercio e a hostalería do noso Concello:

  • Plan turístico para a comarca de montaña
  • Plan de promoción do comercio e a hostelería
  • Plan de formación 2011

¨       22:30h: Aperitivo.

Espero que esta campaña que presentamos para o 2011 sexa do seu agrado e gustaríame que poideramos contar coa súa asistencia a esta gala. Para confirmar asistencia: do 7 de febreiro  ao 16 de febreiro no teléfono 981 789 003 Ext.36 (Diego) ou 981 777 105 (Toñi).

Sen máis, reciba un cordial saúdo,

Javier Fco. Caínzos Vázquez

Alcalde