Resultado do Concurso de Tapas e de Escaparatismo.

Enero 25, 2010 por admin  
Entrada de Eventos y Fiestas, Novedades

A tapa de caldo galego, preparada en O Noso Mesón de Teixeiro, gaña o primeiro do concurso gastronómico de tapas celebrado dentro da campaña de apoio a comercio e a hostalaría, que cada Nadal pon en marcha o Concello de Curtis. O premio do concurso de escaparatismo foi para a panadería A Estación, tamén en Teixeiro.

Os premios foron entregados onte no transcurso dun acto que estivo presidido polo primeiro tenente de alcalde, Antonio Fraga, que estivo acompañando pola concelleira de Cultura, Ana isabel Mahía. A celebración reuniu, a partir das 21:15 horas, a algo máis de medio cento de persoas no edificio de usos múltiples de Teixeiro.

O segundo clasificado do concurso gastronómico foi o Bar El Puente, de Curtis, con unha tapa de tortilla de cebola e o terceiro foi a parar a o Bar Castroverde, que agasallou aos seus clientes durante o Nadal cunha tapa de lingua en salsa, este último establecemento tamén en Teixeiro. O accésits gastronómico foi para a Cantina da Estación de Curtis, pola súa tapa berexena rechea.

No que toca ao resto dos premios do concurso de escaparatismo foron, o segundo para Confecciones Sánchez, de Curtis, a Mercería Estrella, de Curtis, e o accésit para Lúa. Potenciar a oferta local A Campaña de Nadal de apoio ao comercio e a hostalaría de Curtis, realizouse conxuntamente polo concello de Curtis e máis por 84 negocios destes dous colectivos das vilas de Curtis e Teixeiro.

Fonte: ConcellodeCurtis.org

Comparte y disfruta:
  • Print
  • Digg
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Google Bookmarks
  • Add to favorites
  • BarraPunto
  • email
  • FriendFeed
  • LinkedIn
  • Meneame
  • MySpace
  • Netvibes
  • PDF
  • RSS
  • Technorati
  • Twitter
  • Wikio
  • Advertisement

Los comentarios están cerrados.