Concursos de disfraces e bailes infantis – Entroido 2010
Febrero 24, 2010 por admin
Entrada de Eventos y Fiestas
Curtis-Teixeiro, 23 de febreiro de 2010.- O Martes de Entroido o Concello de Curtis organizou sendos bailes e concursos de disfraces nas vilas de Curtis e Teixeiro. Así, os bailes tiveron lugar no salón de usos múltiples de Curtis, no recinto feiral da localidade, e en Teixeiro o baile celebrouse no pavillón polideportivo municipal.
Tanto en Curtis como en Teixeiro houbo concursos de disfraces, con identicos premios en cada un deles. Así, no que toca a categoría infantil houbo un primeiro premio de 100 euros, para grupos, e tres premios indiviuais de 50 euros. Para os maiores foron premios de 300, 200 e 100 euros.
Os premios consistiron en vales de compra que se poderán gastar nos establecemetos de hostalaría e comercio do municipio que colaboran coas Festas de Entroido 2010 do Concello de Curtis.
Acompáñanse fotos dos premiados en Curtis e Teixeiro







