XII Festa do Cogumelo

octubre 17, 2011 por  
Entrada de Eventos y Fiestas, Novedades


Vai xa para doce anos que cada último domingo do mes de outubro, os nosos veciños e veciñas así como os moitos visitantes coa chegada do outono se achegan ó noso concello para degustar unha delicia como é o cogumelo.

Curtis é terra de cogumelos, a choiva abundante e a humedade do noso outono fan das nosas fragas un dos lugares máis propicios para a aparación de cogumelos; malia a escasa tradición neste apartado pola vinculación destes coa bruxería tempo atrás, o papel dos relixiosos e a existencia de exemplares mortais nos nosos montes, entre outras cuestións.

Esta situación está mudando a mellor e comezou a cambiar hai xa anos, posiblemente cando Álvaro Cunqueiro recolleu as esencias e virtudes dos cogumelos nos seus artigos e traballos sobre cociña, como en Viajes y yantares por Galicia.

Hoxe en día cabe destacar unha ampla bibliografía en Galicia no campo da cociña sobre o cogumelo.

Soamente nos queda convidalos a unha xornada de exaltación do
Cogumelo das nosas fragas, así como a compartir o ambiente nos distintos locais que conforman a Ruta Gastronómica do Cogumelo do Concello de Curtis.

Ver poster do evento aquí.
Ver tríptico do evento e da ruta do cogumelo aquí.

Máis información:

Casa do Concello en Teixeiro
Praza de España, 1 – TEIXEIRO
Teléfono: 981 789 003
Fax: 981 789 578

Oficina Municipal de Curtis
Recinto Feiral, s/n – CURTIS
Teléfono: 981 777 105
Fax: 981 777 150

www.concellodecurtis.org
e-mail: info@concellodecurtis.org

  • Advertisement

Los comentarios están cerrados.