FESTA DA NABIZA E DO QUEIXO DE CURTIS

 

Un ano máis homenaxeamos a Festa da nabiza e o queixo de Curtis a través da Ruta Gastronómica nos locais de hostalería. Xa nos atopamos aos albores do inverno, coa chegada do frío podemos deleitar o noso padal con dous produtos de incontestable calidade como son os nosos queixos e as nabizas.

Non podemos esquecer como nos recorda Andrés Mariño que coa chegada do ferrocarril a finais do século XIX o crecemento urbano é moi rápido; dando paso a creación dunha feira pública de gando, gran e produtos de primeira necesidade. Dende este momento as nosas feiras irán gañando peso e prestixio

de tal xeito que a venda de queixos supón unha estampa representativa das mesmas. Así tamén o plasmou a nosa Mª Antonia Dans en varias das súas obras onde observamos as mulleres vendendo os queixos. Este produto foi gañando en calidade e prestixio fora do noso municipio que chega ata os nosos días.

Por outra banda, non podemos esquecer tamén as nabizas, verdura adecuada para o noso clima frío e húmido que se adoptou durante séculos ao terreo profundo, fresco e fértil da Galicia interior e profunda; cabe recordar que as nabizas que se empregaban para facer o caldo galego serviu como base da súa dieta durante os meses máis fríos do ano (as nabizas recóllense nos meses de outubro e novembro tal e como recolle Álvaro Cunqueiro na súa obra “La Cocina Gallega”) e nunha época de grandes penurias económicas o caldo de nabiza convertíase nun prato de primeira necesidade na alimentación dos nosos antepasados.

Por todo isto, soamente nos queda invitalos a gocen duns días cargados de alegría e de festividade.

Bo proveito.

 

Descargar tríptico aquí.


  • Advertisement

Los comentarios están cerrados.